VI Magosto Xuvenil

O vindeiro día 5 de Novembro de 2005, sábado, no Temple, debaixo da ponte da autoestrada AP9, zona rúa dos Muiños.
Terá lugar o xa tradicional Magosto Xuvenil do Concello de Cambre organizado polas asociacións xuvenís Mergullos, Urbilar, A Ruta dos 11 cabaleiros e GXIC de O Temple, Cumio da Rocha de Anceis, Cimbrios, Sin Pena Ni Gloria o voluntariado de Cambre e o Concello de Cambre a través da Concellería de Xuventude.
Todos os anos procuramos que a edición do Magosto Xuvenil sexa un punto de encontro para todos os veciños do noso concello e tamén para os dos arredores; polo tanto a comisión organizadora do evento pretende que dende os máis cativos ata os maiores poidan difrutar da festa con todo tipo de actividaes. Así que dende as 5 da tarde esta previsto un grupo de actividades para os máis pequenos da casa como son xogos populares, diferentes obradoiros e artesans o mesmo tempo que se leva a cabo a degustación gratuita de castañas asadas; maís achegada a noite e tamen o frio empezarase a servir o xa tradicional caldo de castañas. A música correra a cargo dos grupos Snail, Dicroe e Pangea; ademais tamen estaran amenizando a festa Dj David e a Escola de baile e gaitas Emilio Gonzalez Lopez de Lema e a nota de humor correrá a cargo dos monólogos de Pedro Brandariz e José Touriñán xunto co sorteo das nosas Cestas Magostinas e como novidade contaremos con partidas de exhibición dos xogos Magic e Warhammer a cargo da tenda Avalón; todo nun ambiente cordial e festivo ao que estades invitados todos vos.

Compartelo
  • Technorati
  • Meneame
  • Google Bookmarks
  • Reddit
  • Slashdot
  • del.icio.us
  • Live
  • MySpace
  • Facebook
  • BarraPunto
  • Print
  • email
  • HelloTxt
  • LinkedIn
  • Netvibes
  • PDF
  • RSS
  • StumbleUpon
  • Tumblr
  • Twitter
Esta entrada fue publicada en General. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a VI Magosto Xuvenil

  1. Juan dice:

    Joer… en este blog está mezclado castellano, gallego e inglés… ¡tradúcelo todo, hombre! ;)

    Salute

  2. Rubén dice:

    Estan todos en castellano pero este habia que ponerlo en gallego :D

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>